Saltar ao contido principal

Publicacións

Os obxectivos xerais desta proposta de innovación educativa van encamiñados a favorecer o desenvolvemento do plurilingüismo e de cidadáns máis comprometidos coa diversidade lingüística e cultural e son: Facilitar á integración das diversas linguas do alumnado autóctono e alóctono. Desenvolver a capacidade de reflexión metalingüística. Favorecer actitudes positivas cara as diferencias de expresión lingüística e cultural. Os obxectivos máis específicos do deseño das diversas actividades e tarefas para desenvolver nas aulas (Trebellando coas linguas) son: Implementar actividades de  éveil aux langues  (espertar ás linguas) que permitan un cambio de actitude tanto nas docentes como nos estudantes cara a diversidade lingüística e cultural. Autor da imaxe: Roi Zas (Nena vietnamita)
Publicacións recentes

DIETA ATLÁNTICA-DIETA MEDITERRÁNEA. 3 anos. Sesión 1: Gómez Fuentes, Lucía; Gómez Iglesias, Inés; Sampedro Pérez, Jessica

Esta é unha actividade dirixida aos nenos/as do 4º curso de Educación Infantil, é dicir, nenos/as entre 3 e 4 anos, sendo ademais a primeira sesión. Ten unha duración aproximada de 45 minutos e constará de dúas partes.  As linguas que vamos a empregar son, de forma oral en castelán e galego; mentres que de forma escrita o euskera, castelán e árabe. Elaboramos unha boneca (Xoana), que utilizaremos como fío condutor no desenvolvemento de toda a actividade. En primeiro lugar faremos unha pequena asemblea conxunta, na cal falaremos, en xeral, da comida e dos alimentos. Así como, tamén, da importancia da dieta e dos tipos de dieta que hai. Despois, comezaremos abordando a dieta atlántica, que é na que nos vamos a centrar en profundidade. Ao finalizar a asemblea, Xoana vailles ensinar aos nenos/as a cesta chea de alimentos que trouxo do mercado. A continuación, todos os nenos/as deberán ir identificando cada alimento e, situándoos no lugar do mapa que lle corresponde a cada un deles, dep

3 anos. Sesión 2: Yolanda Arufe Suárez, Sara Freire Tomé, Elena Peillet Pais

Póster da sesión Primeira parte Nun primeiro momento e ao chegar a aula, despois das presentacións sentámosnos todos xuntos en asamblea. Comezamos recollendo todo o que fixeron as nosas compañeiras nasesión anterior respecto á dieta atlántica para refrescarlle aos nenos/as o contido e que vexan desta forma a continuidade entre as diferentes sesións e actividades. Tras isto, ensinaríamoslles o libro realizado, presentando a nosa mascota, o cociñeiro Roi, que utilizaremos como punto de partida para que os infantes tamén se presenten en asamblea. Xunto con isto, explicaríamoslles que este cociñeiro coñece varias linguas que trataría de amosarlles para que tamén as coñezan. A presenza do galego e castelán debése a que son as linguas que el usa no seu día a día; o éuscaro é porque estivo traballando no País Vasco durante moitos anos onde aprendeu moitas máis receitas da dieta atlántica; e, por último, o braille, xa que ten un compañeiro na cociña que é cego polo que tivo que facer este libr

3 anos. Sesións 3 e 4. Autoras: Julia Lado ; Andrea Loureiro e Daniel Teijido. Lucía Martínez, Sheila Otero e Laura Piñeiro

A gran aventura de Tedi Conto (autoría propia):  Descargar o audio do conto .  ​ O eixo central da sesión é o conto de Tedi, un osiño que vai de viaxe polo mediterráneo. Este lerase na aula ao alumnado para introducilo no mundo da dieta mediterránea e así poder dar pé ao inicio das activades, que están relacionadas coa historia narrada.  . SESIÓN 4 TEDI CONTINÚA A SÚA GRAN AVENTURA Ola amigos en amigas! Nesta entrada vamos a propoñervos tres divertidas e enriquecedoras actividades onde poderedes viaxar a Cataluña, Barcelona e Italia coñecendo tres novos idiomas: O francés, o italiano e o catalán. Por outra parte, tamén aprenderemos qué alimentos da dieta mediterránea proveñen destas comunidades ou países. Ademais, temos unha sorpresa e é que vamos gozar da compañía dun osiño chamado Tedi que nos vai acompañar nesta aventura. Esperamos que o pasedes moi ben pero que ademáis aprendades moitas cousas!   Actividade 1   Na primeira actividade que vos propoñemos vamos a contarlle aos n

4 anos. Sesión 1. Autores: Alejandro Trigo Durán e Álvaro Sánchez Fernández

En primero lugar realizamos as presentacións correspondentes e descubriremos cque saben sobre o Camiño de Santiago.  O seguinte paso consistirá en amosarlles un mapa físico creado por todos os integrantes do grupo de 4 anos. Ensinaralle ós nenos o percorrido que faremos, comezando en O Porto, e finalizando en Santiago de Compostela. Terá incoporado unha cinta en cada etapa para así mostrarlles en que etapa nos atopamos. Máis adiante introduciremos un novo obxeto na aula, un colar dunha cuncha, característico do camiño. Actividade 2: Comidas típicas dos lugares (Galicia, Portugal e Italia)   Para esta actividade empregamos 9 cartas, 3 por cada lugar de procedencia da comida, aínda que non empezaríamos con todas, xa que que a dificultade sería gradual. Estas serían:   -        Galicia: polvo, empanada e tarta de Santiago -        Portugal: bacalhau, caldo verde e pastel de nata -        Italia: Pizza, espagueti e gelato   Actividade 3: Mural con comidas   Nun mural con tres cores diferen

4 anos.Sesión 2. Álvarez Mosquera, Silvia; Martínez Bernárdez, Andrea; Novo Cuñarro, Patricia e Santos Souto, Jennifer

Na proposta, preséntanse diferentes actividades para ser desenvolvidas en diferentes linguas, galego, portugués e Lingua de Signos Española (LSE) incentivando así a reflexión sobre a diversidade lingüística, facilitando a integración dun xeito positivo en diferentes formas de pensar, de vivir e de falar. A aprendizaxe da LSE dende a primeira infancia, e incluída para todo o alumnado, facilita así a inclusión do alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo ou con diversidade funcional auditiva, pois terán a oportunidade de comunicarse co resto de compañeiros/as e co profesorado de maneira espontánea. Supón tamén un proceso de enriquecemento onde se consolidan aspectos como a expresión corporal, a atención ou a memoria visual. Incorporaranse recursos como son, por exemplo, as onomatopeias en dous idiomas diferentes, xa que posúen certa relación co son ao que fan referencia, sen embargo, non todas as linguas teñen a mesma onomatopeia. Isto provocará unha interrogante no coñec

4 anos. Sesións 3 e 4. Autoras: Castro, Manuel; Mata, Nerea; Eitor, Diego e Vilariño, Lorena. Lara Rodríguez, Micaela Scorzo e Ángela Tellado

As linguas coas que realizamos as tarefas son o galego e o portugués, como representación gráfica empregamos o braille. A nosa etapa, a terceira, abrangue dende Ponte de Lima ata Redondela . Na nosa sesión, destinada a rapazas e rapaces de 4 anos, para levala a cabo, decidimos dividir a aula en tres espazos ou recunchos , marcados por uns carteis que os diferencian. Antes de comezar, farase unha breve presentación do noso axudante Manoliño , que ten unha discapacidade visual, polo que precisa dun bastón para guiarse no camiño. Manoliño perde dito bastón, polo que o alumnado deberá resolver con éxito as tarefas plantexadas para atopalo e que así o noso amigo poida continuar a viaxe. Ao final de cada actividade, darémoslle unha peza do bastón, que terán que ir gardando ata o final da sesión. Unha vez rematado todos os xogos, poderán formar o bastón. ACTIVIDADES o    Actividade 1 : Cantareiros o    Actividade 2 : Bingo das vogais o    Actividade 3 : Código Braille o    Actividade