Saltar ao contido principal
Os obxectivos xerais desta proposta de innovación educativa van encamiñados a favorecer o desenvolvemento do plurilingüismo e de cidadáns máis comprometidos coa diversidade lingüística e cultural e son:
Facilitar á integración das diversas linguas do alumnado autóctono e alóctono.
Desenvolver a capacidade de reflexión metalingüística.
Favorecer actitudes positivas cara as diferencias de expresión lingüística e cultural.
Os obxectivos máis específicos do deseño das diversas actividades e tarefas para desenvolver nas aulas (Trebellando coas linguas) son:
Implementar actividades de éveil aux langues (espertar ás linguas) que permitan un cambio de actitude tanto nas docentes como nos estudantes cara a diversidade lingüística e cultural.
Autor da imaxe: Roi Zas (Nena vietnamita)

Comentarios

Publicacións populares deste blog

4 anos. Sesión 1. Autores: Alejandro Trigo Durán e Álvaro Sánchez Fernández

En primero lugar realizamos as presentacións correspondentes e descubriremos cque saben sobre o Camiño de Santiago.  O seguinte paso consistirá en amosarlles un mapa físico creado por todos os integrantes do grupo de 4 anos. Ensinaralle ós nenos o percorrido que faremos, comezando en O Porto, e finalizando en Santiago de Compostela. Terá incoporado unha cinta en cada etapa para así mostrarlles en que etapa nos atopamos. Máis adiante introduciremos un novo obxeto na aula, un colar dunha cuncha, característico do camiño. Actividade 2: Comidas típicas dos lugares (Galicia, Portugal e Italia)   Para esta actividade empregamos 9 cartas, 3 por cada lugar de procedencia da comida, aínda que non empezaríamos con todas, xa que que a dificultade sería gradual. Estas serían:   -        Galicia: polvo, empanada e tarta de Santiago -        Portugal: bacalhau, caldo verde e pastel de nata -      ...

4 anos.Sesión 2. Álvarez Mosquera, Silvia; Martínez Bernárdez, Andrea; Novo Cuñarro, Patricia e Santos Souto, Jennifer

Na proposta, preséntanse diferentes actividades para ser desenvolvidas en diferentes linguas, galego, portugués e Lingua de Signos Española (LSE) incentivando así a reflexión sobre a diversidade lingüística, facilitando a integración dun xeito positivo en diferentes formas de pensar, de vivir e de falar. A aprendizaxe da LSE dende a primeira infancia, e incluída para todo o alumnado, facilita así a inclusión do alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo ou con diversidade funcional auditiva, pois terán a oportunidade de comunicarse co resto de compañeiros/as e co profesorado de maneira espontánea. Supón tamén un proceso de enriquecemento onde se consolidan aspectos como a expresión corporal, a atención ou a memoria visual. Incorporaranse recursos como son, por exemplo, as onomatopeias en dous idiomas diferentes, xa que posúen certa relación co son ao que fan referencia, sen embargo, non todas as linguas teñen a mesma onomatopeia. Isto provocará unha interrogante no coñec...

3 anos. Sesións 3 e 4. Autoras: Julia Lado ; Andrea Loureiro e Daniel Teijido. Lucía Martínez, Sheila Otero e Laura Piñeiro

A gran aventura de Tedi Conto (autoría propia):  Descargar o audio do conto .  ​ O eixo central da sesión é o conto de Tedi, un osiño que vai de viaxe polo mediterráneo. Este lerase na aula ao alumnado para introducilo no mundo da dieta mediterránea e así poder dar pé ao inicio das activades, que están relacionadas coa historia narrada.  . SESIÓN 4 TEDI CONTINÚA A SÚA GRAN AVENTURA Ola amigos en amigas! Nesta entrada vamos a propoñervos tres divertidas e enriquecedoras actividades onde poderedes viaxar a Cataluña, Barcelona e Italia coñecendo tres novos idiomas: O francés, o italiano e o catalán. Por outra parte, tamén aprenderemos qué alimentos da dieta mediterránea proveñen destas comunidades ou países. Ademais, temos unha sorpresa e é que vamos gozar da compañía dun osiño chamado Tedi que nos vai acompañar nesta aventura. Esperamos que o pasedes moi ben pero que ademáis aprendades moitas cousas!   Actividade 1   Na primeira actividade que vos propoñemos...