Saltar ao contido principal

4 anos. Sesión 1. Autores: Alejandro Trigo Durán e Álvaro Sánchez Fernández

En primero lugar realizamos as presentacións correspondentes e descubriremos cque saben sobre o Camiño de Santiago. O seguinte paso consistirá en amosarlles un mapa físico creado por todos os integrantes do grupo de 4 anos. Ensinaralle ós nenos o percorrido que faremos, comezando en O Porto, e finalizando en Santiago de Compostela. Terá incoporado unha cinta en cada etapa para así mostrarlles en que etapa nos atopamos. Máis adiante introduciremos un novo obxeto na aula, un colar dunha cuncha, característico do camiño.


Actividade 2: Comidas típicas dos lugares (Galicia, Portugal e Italia)

 Para esta actividade empregamos 9 cartas, 3 por cada lugar de procedencia da comida, aínda que non empezaríamos con todas, xa que que a dificultade sería gradual. Estas serían:

 -       Galicia: polvo, empanada e tarta de Santiago

-       Portugal: bacalhau, caldo verde e pastel de nata

-       Italia: Pizza, espagueti e gelato

 Actividade 3: Mural con comidas

 Nun mural con tres cores diferentes poñeremos o nome dos lugares de procedencia da comida (Galicia, Portugal e Italia) e cuns debuxos plastificados terán que poñer as comidas no lugar correspondente. Estas terán o seu nome escrito debaixo, e antes de pegalos, eles debrán pronunciar coa nosa axuda correctamente estas palabras.  A través de esta actividade, os alumnos desenvolverán habilidades de léxico e fonética aprendendo a pronunciar os nomes das diferentes comidas. Desta forma adquirirán competencias comunicativas orales e escritas, dicindo en alto os nomes das comidas e poñendoas nos seus respectivos lugares.

-       Galicia: tarta de Santiago, empanada, polbo, mexillóns e churrasco

-       Portugal: bacalhau, caldo verde, pastel de nata, francesinha e sardiñas

-       Italia: Pizza, espagueti, gelato, lasaña e macarróns

  Remate da sesión

Para rematar daríamoslle a cada neno unha compostelana típica do camiño de Santiago, usada polos peregrinos,  que será selada por cada grupo do alumnado de 4 anos.

imaxes da Compostelana

 


Comentarios

Publicacións populares deste blog

3 anos. Sesión 2: Yolanda Arufe Suárez, Sara Freire Tomé, Elena Peillet Pais

Póster da sesión Primeira parte Nun primeiro momento e ao chegar a aula, despois das presentacións sentámosnos todos xuntos en asamblea. Comezamos recollendo todo o que fixeron as nosas compañeiras nasesión anterior respecto á dieta atlántica para refrescarlle aos nenos/as o contido e que vexan desta forma a continuidade entre as diferentes sesións e actividades. Tras isto, ensinaríamoslles o libro realizado, presentando a nosa mascota, o cociñeiro Roi, que utilizaremos como punto de partida para que os infantes tamén se presenten en asamblea. Xunto con isto, explicaríamoslles que este cociñeiro coñece varias linguas que trataría de amosarlles para que tamén as coñezan. A presenza do galego e castelán debése a que son as linguas que el usa no seu día a día; o éuscaro é porque estivo traballando no País Vasco durante moitos anos onde aprendeu moitas máis receitas da dieta atlántica; e, por último, o braille, xa que ten un compañeiro na cociña que é cego polo que tivo que facer este libr...

4 anos. Sesións 3 e 4. Autoras: Castro, Manuel; Mata, Nerea; Eitor, Diego e Vilariño, Lorena. Lara Rodríguez, Micaela Scorzo e Ángela Tellado

As linguas coas que realizamos as tarefas son o galego e o portugués, como representación gráfica empregamos o braille. A nosa etapa, a terceira, abrangue dende Ponte de Lima ata Redondela . Na nosa sesión, destinada a rapazas e rapaces de 4 anos, para levala a cabo, decidimos dividir a aula en tres espazos ou recunchos , marcados por uns carteis que os diferencian. Antes de comezar, farase unha breve presentación do noso axudante Manoliño , que ten unha discapacidade visual, polo que precisa dun bastón para guiarse no camiño. Manoliño perde dito bastón, polo que o alumnado deberá resolver con éxito as tarefas plantexadas para atopalo e que así o noso amigo poida continuar a viaxe. Ao final de cada actividade, darémoslle unha peza do bastón, que terán que ir gardando ata o final da sesión. Unha vez rematado todos os xogos, poderán formar o bastón. ACTIVIDADES o    Actividade 1 : Cantareiros o    Actividade 2 : Bingo das vogais o    Actividade 3 : C...