4 anos.Sesión 2. Álvarez Mosquera, Silvia; Martínez Bernárdez, Andrea; Novo Cuñarro, Patricia e Santos Souto, Jennifer
Na proposta, preséntanse diferentes actividades para ser desenvolvidas en
diferentes linguas, galego, portugués e Lingua de Signos Española (LSE)
incentivando así a reflexión sobre a diversidade lingüística, facilitando a
integración dun xeito positivo en diferentes formas de pensar, de vivir e de
falar. A aprendizaxe da LSE dende a primeira infancia, e incluída para todo o
alumnado, facilita así a inclusión do alumnado con Necesidades Específicas de
Apoio Educativo ou con diversidade funcional auditiva, pois terán a
oportunidade de comunicarse co resto de compañeiros/as e co profesorado de
maneira espontánea. Supón tamén un proceso de enriquecemento onde se consolidan
aspectos como a expresión corporal, a atención ou a memoria visual.
Incorporaranse recursos como son, por exemplo, as onomatopeias en dous
idiomas diferentes, xa que posúen certa relación co son ao que fan referencia,
sen embargo, non todas as linguas teñen a mesma onomatopeia. Isto provocará unha
interrogante no coñecemento do alumnado cuestionando o xuízo de se a lingua ou
a cultura dun determinado lugar inflúe nas diferentes convencións.
A metodoloxía fai referencia a como imos a traballar e desenvolver a nosa
proposta cos/as nenos/as na aula, é dicir, ter en conta diferentes aspectos
para a súa realización. Con esta proposta, pretendemos que os/as nenos/as
coñezan e traballen coas diferentes linguas, neste caso, o galego, portugués e
a Lingua de Signos Española. Para iso, utilizaremos unha metodoloxía centrada
nun enfoque globalizado e integrador onde se tratan diferentes aspectos nunha
mesma actividade. Isto podemos velo xa que utilizamos, por exemplo, unha
canción, a cal vai implicar realizar movementos, e logo, en outras actividades,
onde están presentes palabras en diferentes linguas e signos.
A proposta levarase a cabo con todo o grupo- clase, é dicir, realizarán as
actividades todos os/as nenos/as á vez, podendo así axudarse uns a outros se
teñen algún problema ou dificultade, fomentando unha aprendizaxe colaborativa.
Actividades
A nosa proposta
consta cunha batería de actividades que se articulan en torno a un conto motor.
Polo tanto, comezaremos coa presentación de Perico, o noso amigo peregrino, que
quere ir dende Oporto cara Ponte de Lima. Para isto, solicita a axuda dos/as
nenos/as da aula, que se poñen en marcha con el. Contan tamén con un mapa para
que os axude e os guíe. Para ser verdadeiros peregrinos, cada neno/a levará un
gorro de peregrino confeccionado por nos. Pola clase, estarán dispostas imaxes
dos sitios que imos percorrer, polo que realizaremos o camiño arredor da aula.
Durante o primeiro traxecto (Oporto - São Pedro de
Rates), cantaremos a canción en galego “A
Santiago vou”, mentres nos desprazamos pola aula cara a zona onde hai
imaxes de São Pedro de Rates, traballando así a expresión oral na nosa lingua.
Para isto, será necesario ensinarlles previamente a canción e repetila varias
veces. Esta canción repetirémola en cada tramo.
Ao chegar ao noso primeiro destino, Perico explícanos
a seguinte actividade, mediante a que traballaremos a lingua de signos. Para
realizala, dividimos ao alumnado en grupos e repartimos tarxetas de diferentes
animais co seu nome en lingua de signos. Reproduciremos pistas de audio co son
dos animais e os/as nenos/as deberán identificalos. Entón, aprenderemos a dicir
o nome mediante a lingua de signos e iniciaremos un debate sobre as onomatopeas,
no cal analizaremos as similitudes e diferenzas que hai na transcrición das
mesmas en lingua portuguesa e galega.
![]() |
Fundación CNSE, Fundación ONCE, Banco de imágenes y signos LSE< http://www.fundacioncnse.org/educa/bancolse/animales.php#0>
Continuamos a andaina ata o xardín Botánico de
Barcelos, cantando a canción que aprendemos ao comezo da sesión. Unha vez que
chegamos, Perico amósanos a última actividade, que consiste no coñecemento do
nome de diferentes flores en portugués, e a súa comparación co galego. Para
isto, amosaremos imaxes das flores e analizaremos as similitudes e diferenzas
dos seus nomes en ambas linguas.
Comentarios
Publicar un comentario