![]() |
Póster da sesión |
Primeira parte
Nun primeiro momento e ao chegar a aula, despois das presentacións sentámosnos todos xuntos en asamblea. Comezamos recollendo todo o que fixeron as nosas compañeiras nasesión anterior respecto á dieta atlántica para refrescarlle aos nenos/as o contido e que vexan desta forma a continuidade entre as diferentes sesións e actividades. Tras isto, ensinaríamoslles o libro realizado, presentando a nosa mascota, o cociñeiro Roi, que utilizaremos como punto de partida para que os infantes tamén se presenten en asamblea. Xunto con isto, explicaríamoslles que este cociñeiro coñece varias linguas que trataría de amosarlles para que tamén as coñezan. A presenza do galego e castelán debése a que son as linguas que el usa no seu día a día; o éuscaro é porque estivo traballando no País Vasco durante moitos anos onde aprendeu moitas máis receitas da dieta atlántica; e, por último, o braille, xa que ten un compañeiro na cociña que é cego polo que tivo que facer este libro incluíndo a súa linguaxe, na que emprega o tacto para ir lendo.
![]() |
Imaxe 1. Roi, a mascota. Elaborada polo grupo
Mediante a figura de Roi, amosaremos un
libro de receitas (que se pode no vídeo) o cal se divide nos seguntes
apartados, tratando de simular a estrutura dun menú. Así, inicialmente
incorporamos unha pequena presentación sobre o cociñeiro e os seus gustos
ademais das linguas que imos empregar, para logo pasar ás propias receitas. As
receitas preséntanse a xeito de menú: 1º pratos (sopa de fideos e garavanzos),
2º pratos (merluza á galega e caldeirada de carne) e postres (macedonia e
galletas de nata).
Estas, á súa vez, divídense nas seccións
que ensinamos a continuación: título (galego e braille); lista de ingredientes
cos nomes en castelán e éuscaro e imaxes para que sexan máis sinxelos de
identificar; a cesta cos ingredientes de fieltro en físico e debaixo un prato
en branco con velcro onde poidan pegar os ingredientes. Contarán cunha imaxe
real do prato debaixo deste último, para que os nenos/as vexan o resultado. Roi
irá estimulando a participación dos pequenos/as mediante diversas preguntas
como: a vós que vos parece?, gústavos este prato?, cal é a vosa comida
favorita?, etc., ao mesmo tempo que vai realizando as receitas. Así, Roi en
cada receita leerá os nomes destas e dos ingredientes, poñendo estes no plato
de cada unha delas. Para que os nenos/as vexan o resultado final, dirá unha
fórmula máxica: ‘Tras poñer no prato estes ingredientes, xa está listo para meterlle
o dente’. Ao acabar, o protagonista indicará que o prato que máis lle
gusta son as galletas de nata, invitándoos a facer a receita xuntos. Esta sería
a primeira parte da nosa actividade.
Segunda
parte
Na segunda parte trasladaríamonos á zona
das mesas. Estas estarán colocadas de modo que nos permitan establecer tres
grupos de maneira diferenciada, polo que cada unha de nós estaremos en cada
mesa con eles/elas. Cada grupo terá os ingredientes e utensilios necesarios
para realizar a receita. Cada ingrediente dispoñerá ao carón dun cartel co seu
nome escrito en braille e en galego. Nun primeiro momento Roi animaraos a tocar
os letreiros de braille e xuntos irán dicindo o nome dos alimentos para que
vexan a correspondencia. Unha vez que se familiaricen cos productos, levaremos
a cabo as galletas de nata. Primeiro mediremos a cantidade necesaria de cada un
deles coa pesa para ilos introducindo nun bol e facer a mestura, de xeito que
eles/as mesmos poidan manipulala. Unha vez que esta colla certa consistencia,
repartirase a masa entre os membros do grupo para que traballen con ela
individualmente. Neste punto é cando lle damos os rodetes e moldes para que lle
poidan dar a forma que desexen ao seu postre. Despois, poñeríamos todas as
creacións xuntas en bandexas para ir co grupo clase á cociña para metelas no
forno. Será a docente a que despois reparta as galletas entre todo o
alumnado.
Terceira parte
Finalmente, volveríamos á aula para
reflexionar sobre o que lles pareceu a experiencia. Así, Roi trataría de
estimular os seus comentarios e opinións para logo despedirse, dicíndolles que
son moi bos cociñeiros e que os quere como axudantes, polo que queda na aula
para poder cociñar xuntos moitas veces máis. Despois despediríamos nós e como
agasallo repartiríamos unha pequena réplica de Roi para cada un.
Comentarios
Publicar un comentario