3 anos. Sesións 3 e 4. Autoras: Julia Lado ; Andrea Loureiro e Daniel Teijido. Lucía Martínez, Sheila Otero e Laura Piñeiro
Conto (autoría propia): Descargar o audio do conto. O eixo central da sesión é o conto de Tedi, un osiño que vai de viaxe polo mediterráneo. Este lerase na aula ao alumnado para introducilo no mundo da dieta mediterránea e así poder dar pé ao inicio das activades, que están relacionadas coa historia narrada. .
![]() |
Ola
amigos en amigas! Nesta entrada vamos a propoñervos tres divertidas e
enriquecedoras actividades onde poderedes viaxar a Cataluña, Barcelona e Italia
coñecendo tres novos idiomas: O francés, o italiano e o catalán. Por outra
parte, tamén aprenderemos qué alimentos da dieta mediterránea proveñen destas
comunidades ou países. Ademais, temos unha sorpresa e é que vamos gozar da
compañía dun osiño chamado Tedi que nos vai acompañar nesta aventura. Esperamos
que o pasedes moi ben pero que ademáis aprendades moitas cousas!
Actividade 1
Na primeira actividade que vos propoñemos vamos a contarlle aos nenos e nenas “A lenda moderna de Sant Jordi”, introducíndoa por medio do osiño Tedi mediante o diálogo: “Sabedes qué? Hoxe Tedi viaxou a unha cidade moi bonita, chamada Barcelona, que está na comunidade de Cataluña. E mirade a sorte que tivo Tedi, que chegou a Barcelona o día da celebración de Sant Jordi, día no que todo o mundo se regala un libro ou unha flor como sinal de afecto. Queredes saber por qué? Pois vamos a entrar ó teatro con Tedi para escoitar a lenda moderna de Sant Jordi!”.
A lenda moderna de Sant Jordi” é unha adaptación da lenda de Sant Jordi, que tenta abolir os estereotipos sexistas e os roles de xénero á vez que ensinar algúns produtos típicos da comunidade de Cataluña, que tamén forman parte da dieta mediterránea. Ademais, os nenos e nenas poderán coñecer unha nova lingua, o Catalán, grazas aos numerosos diálogos presentes na historia neste idioma. Así mesmo, con referencia aos diálogos, é preciso recalcar que estes foron creados buscando que os nenos e nenas os puidesen entender e asimilar facilmente, co obxectivo de que estes e estas poidan seguir a historia e ver que non é difícil comprender novas linguas tan cércanas as súas linguas maternas: o Castelán e o Galego.
A LENDA MODERNA DE SANT JORDI
Para
a representación da historia podedes usar a técnica teatral que vos desexedes
para a súa representación. Nós neste caso usamos un teatro de sombras
(realizado de forma caseira) que vos vamos a mostrar a continuación:
![]() |
Teatro de sombras |
Se tamén queredes realizar un teatro de sombras necesitaredes os seguintes materiais:
-Celo, Unha caixa de cartón, Palillos cunha lonxitude de 23 centímetros aproximadamente, Figuras de cartón das personaxes da lenda, Papel de seda, Cartolina vermella, Catro cartolinas negras.
![]() |
Figuras do teatro de sombras |
lámpada |
caixa |
Actividade 2
Na
seguinte parada, Tedi terá a sorte de escoitar un mito sobre Francia moi
interesante e, os nenos e nenas poderán participar activamente nela a través do
baile do minuet que introduciremos durante o transcurso da historia. Ademais de
traballar as linguas e que pouco a pouco aprendan a darlle a importancia que
cada unha delas teñen, terán a oportunidade de coñecer a bandeira e a capital
de Francia (tendo en conta que nela está situada a famosa Torre Eiffel) a
través das imaxes que lles mostraremos. Por último, traballaremos a gastronomía
de Francia, incluída na nosa “dieta mediterránea”, relacionando certos
productos comestibles cos que temos no noso país e, así mesmo, ensinándolle a
importancia do Braille mediante as imaxes destes alimentos.
Os materias que precisaremos serán os seguintes:
- Roupa
típica de Francia
- Pinturas
para caracterizarnos como franceses
- Unha
gran Torre Eiffel de cartón (que tivemos que adaptar por mor do confinamento)
- Imaxes
dos diferentes alimentos co sistema Braille
Actividade 3
Esta actividade realizarémola cando cheguemos a Italia, polo que o que imos facer estamos seguros que vos vai encantar. Vamos a darvos unhas pistas a ver se o adiviñades.
É algo que se pode comer, podemos botarlle os ingredientes que queiramos e normalmente é redonda, aínda que pode ter outras formas. Sí, imos facer a masa dunha pizza! Agora vamos a deixarvos un vídeo no que veredes o proceso para a súa elaboración e recordade, antes de nada temos que ter as mans moi limpas xa que imos traballar con elas!
Os ingredientes e utensilios que imos necesitar son os seguintes:
![]() |
Fotos dos materiais empregados |
- 300
gr de fariña
- Un
sobre de levadura
- Unha
cucharadiña de sal
- Unha
cucharada de aceite de oliva
- 200
ml de auga tibia
- Dous
recipientes, un para facer a mezcla da masa e otro para mezcla a agua coa
levadura.
- Rodillo
para amasar
Despois de estar navegando e navegando, por fin pasamos por todos os destinos, e o noso amigo Tedi xa se ten que despedir, díxonos que o pasara moi ben e que sodes moi bos navegantes. Espera ansioso volver a vervos e pasar outro bo rato!
Comentarios
Publicar un comentario