Saltar ao contido principal

DIETA ATLÁNTICA-DIETA MEDITERRÁNEA. 3 anos. Sesión 1: Gómez Fuentes, Lucía; Gómez Iglesias, Inés; Sampedro Pérez, Jessica

Esta é unha actividade dirixida aos nenos/as do 4º curso de Educación Infantil, é dicir, nenos/as entre 3 e 4 anos, sendo ademais a primeira sesión. Ten unha duración aproximada de 45 minutos e constará de dúas partes. As linguas que vamos a empregar son, de forma oral en castelán e galego; mentres que de forma escrita o euskera, castelán e árabe.


Elaboramos unha boneca (Xoana), que utilizaremos como fío condutor no desenvolvemento de toda a actividade.


En primeiro lugar faremos unha pequena asemblea conxunta, na cal falaremos, en xeral, da comida e dos alimentos. Así como, tamén, da importancia da dieta e dos tipos de dieta que hai. Despois, comezaremos abordando a dieta atlántica, que é na que nos vamos a centrar en profundidade.

Ao finalizar a asemblea, Xoana vailles ensinar aos nenos/as a cesta chea de alimentos que trouxo do mercado. A continuación, todos os nenos/as deberán ir identificando cada alimento e, situándoos no lugar do mapa que lle corresponde a cada un deles, dependendo da zona á que pertencen.

Ao rematar a clasificación dos alimentos no mapa, realizaremos unha última asemblea, na cal falaremos dos alimentos que se consumen habitualmente en cada unha das casas, que alimentos lles gustan máis, … Reflexionaremos sobre o desenvolvemento da actividade e se lles gustou ou non.

Finalmente, cabe destacar que todo o material empregado foi elaborado por nós. O mapa realizámolo coa intención de separar a zona da dieta atlántica e a da mediterránea, para así situar cada alimento no seu lugar correspondente e que os nenos/as o poidan visualizar mellor.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

3 anos. Sesión 2: Yolanda Arufe Suárez, Sara Freire Tomé, Elena Peillet Pais

Póster da sesión Primeira parte Nun primeiro momento e ao chegar a aula, despois das presentacións sentámosnos todos xuntos en asamblea. Comezamos recollendo todo o que fixeron as nosas compañeiras nasesión anterior respecto á dieta atlántica para refrescarlle aos nenos/as o contido e que vexan desta forma a continuidade entre as diferentes sesións e actividades. Tras isto, ensinaríamoslles o libro realizado, presentando a nosa mascota, o cociñeiro Roi, que utilizaremos como punto de partida para que os infantes tamén se presenten en asamblea. Xunto con isto, explicaríamoslles que este cociñeiro coñece varias linguas que trataría de amosarlles para que tamén as coñezan. A presenza do galego e castelán debése a que son as linguas que el usa no seu día a día; o éuscaro é porque estivo traballando no País Vasco durante moitos anos onde aprendeu moitas máis receitas da dieta atlántica; e, por último, o braille, xa que ten un compañeiro na cociña que é cego polo que tivo que facer este libr...

4 anos. Sesión 1. Autores: Alejandro Trigo Durán e Álvaro Sánchez Fernández

En primero lugar realizamos as presentacións correspondentes e descubriremos cque saben sobre o Camiño de Santiago.  O seguinte paso consistirá en amosarlles un mapa físico creado por todos os integrantes do grupo de 4 anos. Ensinaralle ós nenos o percorrido que faremos, comezando en O Porto, e finalizando en Santiago de Compostela. Terá incoporado unha cinta en cada etapa para así mostrarlles en que etapa nos atopamos. Máis adiante introduciremos un novo obxeto na aula, un colar dunha cuncha, característico do camiño. Actividade 2: Comidas típicas dos lugares (Galicia, Portugal e Italia)   Para esta actividade empregamos 9 cartas, 3 por cada lugar de procedencia da comida, aínda que non empezaríamos con todas, xa que que a dificultade sería gradual. Estas serían:   -        Galicia: polvo, empanada e tarta de Santiago -        Portugal: bacalhau, caldo verde e pastel de nata -      ...

4 anos. Sesións 3 e 4. Autoras: Castro, Manuel; Mata, Nerea; Eitor, Diego e Vilariño, Lorena. Lara Rodríguez, Micaela Scorzo e Ángela Tellado

As linguas coas que realizamos as tarefas son o galego e o portugués, como representación gráfica empregamos o braille. A nosa etapa, a terceira, abrangue dende Ponte de Lima ata Redondela . Na nosa sesión, destinada a rapazas e rapaces de 4 anos, para levala a cabo, decidimos dividir a aula en tres espazos ou recunchos , marcados por uns carteis que os diferencian. Antes de comezar, farase unha breve presentación do noso axudante Manoliño , que ten unha discapacidade visual, polo que precisa dun bastón para guiarse no camiño. Manoliño perde dito bastón, polo que o alumnado deberá resolver con éxito as tarefas plantexadas para atopalo e que así o noso amigo poida continuar a viaxe. Ao final de cada actividade, darémoslle unha peza do bastón, que terán que ir gardando ata o final da sesión. Unha vez rematado todos os xogos, poderán formar o bastón. ACTIVIDADES o    Actividade 1 : Cantareiros o    Actividade 2 : Bingo das vogais o    Actividade 3 : C...