Saltar ao contido principal

4 anos. Sesións 3 e 4. Autoras: Castro, Manuel; Mata, Nerea; Eitor, Diego e Vilariño, Lorena. Lara Rodríguez, Micaela Scorzo e Ángela Tellado

As linguas coas que realizamos as tarefas son o galego e o portugués, como representación gráfica empregamos o braille.

A nosa etapa, a terceira, abrangue dende Ponte de Lima ata Redondela. Na nosa sesión, destinada a rapazas e rapaces de 4 anos, para levala a cabo, decidimos dividir a aula en tres espazos ou recunchos, marcados por uns carteis que os diferencian.

Antes de comezar, farase unha breve presentación do noso axudante Manoliño, que ten unha discapacidade visual, polo que precisa dun bastón para guiarse no camiño. Manoliño perde dito bastón, polo que o alumnado deberá resolver con éxito as tarefas plantexadas para atopalo e que así o noso amigo poida continuar a viaxe.

Ao final de cada actividade, darémoslle unha peza do bastón, que terán que ir gardando ata o final da sesión. Unha vez rematado todos os xogos, poderán formar o bastón.

ACTIVIDADES

o   Actividade 1: Cantareiros

o   Actividade 2: Bingo das vogais

o   Actividade 3: Código Braille

o   Actividade 4: Imos parando

o   Actividade 5: Dado contacontos

  

DESCRICIÓN DAS ACTIVIDADES

      I.         CANTAREIROS

Esta actividade consistirá en realizar o camiño dun punto a outro da etapa. Realizarémola de maneira individual onde o docente se situará de primeiro na fila e irase facendo o percorrido da actividade ao mesmo tempo que cantamos a seguinte  canción: “Fun ao mercado”, para ir amenizando o percorrido do camiño.


Adaptación da actividade:

En caso de que os nenos/as non coñezan a canción, haberá que explicala e dedicarlle máis tempo. En caso de que a coñezan, poderemos repasala varias veces antes de comezar a actividade.

    II.         BINGO DAS VOGAIS

Esta actividade consistirá nun bingo feito de material reciclado onde se poderán traballar as vogais dunha forma lúdica. Repartiranse unha serie de plantillas para cubrir palabras, ás cales, lle faltan as vogais. Despois disto, un alumno/a vai ser o encargado de xirar a botella para sacar unha letra. Seguidamente, terá que dicila en voz alta ao resto de compañeiros/as. A continuación, cada alumno/a ten que mirar se a súa palabra contén esa letra, e ser así, deberá marcala. Esta actividade remata cando o grupo teña as plantillas completas, de forma que todos tivesen a oportunidade de subilas. Posteriormente, sería outro compañeiro/a o encargado de xirar o bingo.

 



    III.         CÓDIGO BRAILE

Nesta actividade utilizaremos un papel continuo, onde atoparemos un código que terán que descifrar: “Os peregrinos durmimos en albergues”. Neste caso, as vogais estarán escritas en braille. Utilizando un alfabeto braille que sempre terán presente, os nenos/as en pequenos grupos, resolverán unha parte dese código. Cando rematen, en grupos grandes, escribirase ese código en galego baixo o código orixinal.


Adaptación da actividade:

Nesta actividade, o braille trátase dunha escritura nova, sobre todo para a maioría dos nenos/as. Debido a isto, deberíamos explicarlle en que consiste e ensinarlle as distintas letras e a súa forma.

      I.         IMOS PARANDO

Co propósito de que o noso boneco, “Manoliño”, e os demais peregrinos entendan os carteis que indican cada unha das paradas feitas na nosa etapa, en grupos pequenos iremos traducindo os carteis en galego ó portugués e ó braille.

Adaptación da actividade:

Neste caso, o docente prestará axuda precisa, e os pequenos/as terán sempre o abecedario de todas as linguas presentes para garantirlle unha mellor comprensión.


    II.         DADO CONTACONTOS

Os alumnos/as lanzarán o dado creando unha historia coa imaxe que lle toque. A medida que vaian creando a historia, poderán empregar papel ou unha losa para ir realizando apuntamentos en forma de debuxos ou letras para ir recreando a historia. Unha vez rematada, os nenos/as poderán gravarse empregando unha tableta a medida que recitan o conto. Tamén deberán sacarlle fotos ás caras dos dados que lles foron saíndo. Os docentes, logo poderán crear un vídeo coas fotos e as gravacións que fixeron cada un dos nenos/as, podendo outorgáselles a final do curso para ter como recordo.

Adaptación da actividade

Mentres que os nenos/as non se acostumen a contar historias por eles mesmos, poderase levar a cabo en grupos grandes mediante asamblea, así, cada un deles irá aportando as súas ideas ata que logren unha historia conxunta.




Actividade: “Tea de araña”

Co fin de presentar a etapa diremoslles isto ás nenas e nenos: “Na nosa peregrinaxe dende Redondela ata o fin do camiño ao chegar a catedral de Santiago de Compostela. Atoparémonos con dúas camiñantes, procendentes unha de Euskadi e outra de Asturias, a primeira en Pontevedra e a segunda en Padrón. Para facilitar a nosa comunicación con elas imos ensinarvos algunhas palabras na súa lingua!”

Despois levaremos a cabo a actividade a cal terá o obxectivo principal de presentarnos tanto nós coma os nenos e nenas. Para isto, sentarémonos en círculo e empregaremos unha madeixa de la que iremos pasándonos a cada unha/un despois de dicir os nosos respectivos nomes, formándo así unha tea de araña no centro. Comezaría unha de nós explicando como se saúda en euskera e as fórmulas de presentación (“Ola, chámome Lara”, o que en euskera sería “Kaixo, nire izena Lara”).


2º actividade: “María di”

Na seguinte actividade representaremos o encontro cunha peregrina asturiana. Para isto unha de nós seguirá falando cas nenas e cos nenos e diralles: “Imos seguir co camiño (facendo que camiña no sitio), UI! (aparece, tropeza e cae o monicreque manexado por outra de nós). Estás ben? (axuda a levantalo). Outra de nós fala polo monicreque e di: “Si, munches gracies. ¡Bonos díis! ¿Cómo tas? Llámome María. ¿Hai dalguien que fale asturianu?”; outra de nós preguntará “Entendes o que di?”.

Ao non entender o que di o monicreque, unha de nós acláralle ao alumnado que está falando en asturiano e tradúcelles o que di. Preguntarémoslles se queren aprender un pouco e ca axuda do monicreque ensinarémoslles a dicir fórmulas de cortesía como as que di a personaxe cando aparece. Despois de repetilas varias veces, comezaremos co xogo “María di”, unha versión do coñecido “Simón dice” na que o monicreque dirá “María di ¡Bonos díis! / ¡Bones tardes! / ¡Bones nueches! / ¡Tallueu! / ¡Munches gracies! / ¿Cómo tas?”. Ademais se o xogo gusta poderán facelo por parellas.

3º actividade: “Acadamos as Compostelanas!”

Seguimos co noso percorrido e unha de nós di: “Un momento! Temos que coller os elementos necesarios para ser un auténtico peregrino!”, introducindo así a próxima actividade que será un pequeno circuíto, no que terán que superar unha serie de obstáculos (saltar bancos, saltar con cada perna dentro de aros, reptar por debaixo das picas e correr en zig-zag entre conos) para conseguir os elementos dun peregrino e chegar o fin do camiño, onde lles entregaremos a Compostelana.


 


Comentarios

Publicacións populares deste blog

4 anos. Sesión 1. Autores: Alejandro Trigo Durán e Álvaro Sánchez Fernández

En primero lugar realizamos as presentacións correspondentes e descubriremos cque saben sobre o Camiño de Santiago.  O seguinte paso consistirá en amosarlles un mapa físico creado por todos os integrantes do grupo de 4 anos. Ensinaralle ós nenos o percorrido que faremos, comezando en O Porto, e finalizando en Santiago de Compostela. Terá incoporado unha cinta en cada etapa para así mostrarlles en que etapa nos atopamos. Máis adiante introduciremos un novo obxeto na aula, un colar dunha cuncha, característico do camiño. Actividade 2: Comidas típicas dos lugares (Galicia, Portugal e Italia)   Para esta actividade empregamos 9 cartas, 3 por cada lugar de procedencia da comida, aínda que non empezaríamos con todas, xa que que a dificultade sería gradual. Estas serían:   -        Galicia: polvo, empanada e tarta de Santiago -        Portugal: bacalhau, caldo verde e pastel de nata -        Italia: Pizza, espagueti e gelato   Actividade 3: Mural con comidas   Nun mural con tres cores diferen

DIETA ATLÁNTICA-DIETA MEDITERRÁNEA. 3 anos. Sesión 1: Gómez Fuentes, Lucía; Gómez Iglesias, Inés; Sampedro Pérez, Jessica

Esta é unha actividade dirixida aos nenos/as do 4º curso de Educación Infantil, é dicir, nenos/as entre 3 e 4 anos, sendo ademais a primeira sesión. Ten unha duración aproximada de 45 minutos e constará de dúas partes.  As linguas que vamos a empregar son, de forma oral en castelán e galego; mentres que de forma escrita o euskera, castelán e árabe. Elaboramos unha boneca (Xoana), que utilizaremos como fío condutor no desenvolvemento de toda a actividade. En primeiro lugar faremos unha pequena asemblea conxunta, na cal falaremos, en xeral, da comida e dos alimentos. Así como, tamén, da importancia da dieta e dos tipos de dieta que hai. Despois, comezaremos abordando a dieta atlántica, que é na que nos vamos a centrar en profundidade. Ao finalizar a asemblea, Xoana vailles ensinar aos nenos/as a cesta chea de alimentos que trouxo do mercado. A continuación, todos os nenos/as deberán ir identificando cada alimento e, situándoos no lugar do mapa que lle corresponde a cada un deles, dep

3 anos. Sesión 2: Yolanda Arufe Suárez, Sara Freire Tomé, Elena Peillet Pais

Póster da sesión Primeira parte Nun primeiro momento e ao chegar a aula, despois das presentacións sentámosnos todos xuntos en asamblea. Comezamos recollendo todo o que fixeron as nosas compañeiras nasesión anterior respecto á dieta atlántica para refrescarlle aos nenos/as o contido e que vexan desta forma a continuidade entre as diferentes sesións e actividades. Tras isto, ensinaríamoslles o libro realizado, presentando a nosa mascota, o cociñeiro Roi, que utilizaremos como punto de partida para que os infantes tamén se presenten en asamblea. Xunto con isto, explicaríamoslles que este cociñeiro coñece varias linguas que trataría de amosarlles para que tamén as coñezan. A presenza do galego e castelán debése a que son as linguas que el usa no seu día a día; o éuscaro é porque estivo traballando no País Vasco durante moitos anos onde aprendeu moitas máis receitas da dieta atlántica; e, por último, o braille, xa que ten un compañeiro na cociña que é cego polo que tivo que facer este libr