DIETA ATLÁNTICA-DIETA MEDITERRÁNEA. 3 anos. Sesión 1: Gómez Fuentes, Lucía; Gómez Iglesias, Inés; Sampedro Pérez, Jessica
Esta é unha actividade dirixida aos nenos/as do 4º curso de Educación Infantil, é dicir, nenos/as entre 3 e 4 anos, sendo ademais a primeira sesión. Ten unha duración aproximada de 45 minutos e constará de dúas partes. As linguas que vamos a empregar son, de forma oral en castelán e galego; mentres que de forma escrita o euskera, castelán e árabe. Elaboramos unha boneca (Xoana), que utilizaremos como fío condutor no desenvolvemento de toda a actividade. En primeiro lugar faremos unha pequena asemblea conxunta, na cal falaremos, en xeral, da comida e dos alimentos. Así como, tamén, da importancia da dieta e dos tipos de dieta que hai. Despois, comezaremos abordando a dieta atlántica, que é na que nos vamos a centrar en profundidade. Ao finalizar a asemblea, Xoana vailles ensinar aos nenos/as a cesta chea de alimentos que trouxo do mercado. A continuación, todos os nenos/as deberán ir identificando cada alimento e, situándoos no lugar do mapa que lle corresponde a cada un deles,...