Saltar ao contido principal

5 anos, sesións 3 e 4. Autoras: Andrea Bravo, Marta Pose , María Teira. Patricia Ferreira , Maite de Santiago. Leticia Soto e Alba Suárez.


ACTIVIDADE 1: LEMOS O CONTO
Iniciamos coa lectura do conto, lectura que iríamos facendo, acompañada das actividades, para que, desta forma, estas teñan un fío condutor. Ao longo de todo o documento este conto aparecerá en cursiva para diferencialo das actividades.

O protagonista, Breogán, segue o Camiño de Santiago, dende Tui ata Caldas de Reis. Nese tramo acontécenlle diversas situacións nas que o temos que axudar para poder chegar ó seu destino. Pero nese camiño non está so, posto que se atopa cun peregrino Italiano, co que fai moi boas migas.
Breogán continuou coa súa camiñata e chegou a unha ponte, tras botar unha ollada ó seu redor, percutiuse de un posto de Información e decidiu ir a preguntar cal era esa ponte que estaba a ver e que tiña que cruzar para seguir co seu camiño. No posto de Información dixéronlle que estaba ante a Ponte Vella de Tui, a única ponte que separa Portugal da provincia de Pontevedra e pola que pasan millóns e millóns de peregrinos. Breogán, admirado pola beleza da ponte, non dubidou en sacarlle unha foto, e continuou co seu camiño. Con tan mala sorte, cando parou a descansar e a beber un pouco de auga, decatouse de que a foto da Ponte non estaba na súa mochila.
¿Queredes axudar a Breogán a atopar a foto da Ponte?

ACTIVIDADE 2: PUZZLE DA PONTE DE TUI
Repartimos a cada grupo as pezas do puzzle desordenadas, e os nenos e nas terían que ordenalas para formar dito puzzle. Unha vez feito o puzzle, deberían estar vendo unha ponte (A Ponte de Tui) da que falaríamos un pouco, explicariámoslles que esta ponte atópase sobre o Río Miño, unindo Tui e Valença do Miño, comunicando desta forma, España e Portugal, tanto pola estrada como por tren.


    



Breogán, todo contento tras atopar a foto da Ponte, continuou co seu camiño e chegou a unha cidade chamada Pontevedra. Pontevedra pareceulle unha cidade moi bonita e quixo pasar toda a tarde visitando os seus lugares emblemáticos, incluso aproveitou para comprar algo para cear. Pero cando quixo continuar co seu camiño sentiuse un tanto perdido. Empezou a camiñar e camiñar pero sempre volteaba ó mesmo punto.
Pobre Breogán, ¿axudarémolo a saír de Pontevedra?

ACTIVIDADE 3: LABIRINTO DO PEREGRINO PERDIDO
Por parellas, os nenos e nenas deben axudar a Breogán a saír do labirinto, polo que terían que mover o boneco do peregrino ata a fonte, situada no outro extremo. Ademais, deben colorear o camiño percorrido para saber se conseguen chegar ó final ou non.

Finalmente, explicamos que a fonte á que chegou Breogán é unha fonte moi importante, situada en Caldas de Rei. A lenda conta que a auga desta fonte ten poderes curativos.


  

Grazas á nosa axuda, Breogán conseguiu saír de Pontevedra e chegar a Caldas de Rei. Pero estaba tan canso que decidiu ir directamente ó albergue a descansar un pouquiño. No albergue non había ninguén, estaba baleiro. - ¡Que raro! pensou Breogán, - Esperarei un anaquiño a que chegue alguén. Pronto chegou outro peregrino que estaba a facer o Camiño de Santiago, o mesmo camiño ca el. Pero a Breogán chamoulle moito a atención a mochila dese Peregrino, xa que non se semellaba para nada á del.
-       Boas tardes!, que mochila máis bonita!, díxolle Breogán.
-       Ciao, mi chiamo Luciano.
Breogán decatouse de que non falaba o mesmo idioma que el, e preguntoulle de onde viña.
-       Sono italiano, vengo dall´Italia.
-       Un Italiano! exclamou Breogán. Podes amosarme que levas na mochila?, preguntoulle.
Entón o seu novo amigo Luciano de Italia, ensinoulle a súa mochila, xa que era moi distinta á de Breogán.

¿Vos queredes ver que levaba Luciano na súa mochila?

ACTIVIDADE 4: MOCHILA ITALIANA- A GRANXA DE LUCIANO
Como conta o conto, Breogán atopouse cun peregrino italiano, o cal lle amosa a súa mochila con diferentes elementos.

Nesta actividade, explicariámos ós nenos/as diferentes elementos típicos de Italia, a medida que llos imos ensinando na correspondente mochila. Tamén atoparíamos unhas fotos da granxa de Luciano. Por grupos de catro, pasamos as fotos dos animais xunto co debuxo da granxa, para que experimenten libremente e coloquen as imaxes dos animais onde eles consideren (intentando relacionalas coa grafía). Finalmente leríamos os nomes en italiano, para que os alumnos/as, posteriormente, os reproduzan verbalmente.




Luciano e Breogán fixeron moi boas migas, e decidiron ir a cear xuntos. Pero, tras tanta leria, pronto se lles fixo de noite e todo estaba pechado.
¡Que pena!, ¿onde cearán agora Breogán e Luciano?
Breogán recordou que en Pontevedra, antes de perderse, comprou uns ingredientes para ter para cear. Ensinoulle a Luciano o que mercara en Pontevedra e Luciano díxolle moi contento,
-       Con questi ingredienti possiamo realizzare una pizza, molto famosa in Italia.
-       Unha pizza? Claro, son moi famosas en Italia! soa apetitoso! exclamou Breogán, pero non sei moi ben como se fai.
¿Axudámoslles a Luciano e a Breogán a facer unha pizza?

ACTIVIDADE 5: CREAMOS A NOSA PIZZA
Nesta actividade terán que realizar unha pizza individualmente, explicamos como se pronuncian estes ingredientes en italiano e eles terían que realizar o anaco de pizza ó seu gusto, intentando dicir o nome do alimento que van a coller para engadir á súa porción. Finalmente xuntaríamos todos os anacos para formar unha pizza.





Luciano e Breogán cearon toda a pizza, pois estaba boísima. Pero Breogán estaba tan canso que decidiu ir a durmir.
Por último, ao igual que as nosas compañeiras, entregarémoslle a cada neno/a un selo, para que peguen no seu libro individual do Camiño de Santiago.
Os selos serán a imaxe da fonte de Caldas De Reis, xa que é o último lugar ao que chegan.


SESIÓN 4
Patricia Ferreira , Maite de Santiago. Leticia Soto e Alba Suárez

Nesta actividade a mestra leeralles o conto sobre a cuarta etapa “pasiño a pasiño facemos o camiño”. Nesta parte do conto, o protagonista Breogán coñecera a Antonie, un peregrino que ven de París. A medida que vai avanzando o conto realizaremos as pausas nas partes que consideramos relevantes para realizar actividades cos nenos e nenas,  facendolles así a lectura más compresible e amena.

ETAPA 4. “Pasiño a pasiño facemos o camiño”

Breogán entristecido despediuse do seu amigo Luciano, e continuou só o camiño.

Polo camiño recordaba a toda a xente que coñecera ao longo do seu traxecto. Estaba

ansioso por coñecer a máis persoas, ademáis da sua cultura, da sua comida...Non paraba de pensar en que lle depararía o futuro.

No traxecto cara Padrón, Breogán vio a alguén sentado ao lado dun sendeiro, e preguntoulle:

-       ¿Cómo te encontras?¿Necesitas axuda? Por certo o meu nome é Breogán.

-       Bonjour, je m’apelle Antoine. Je viens de Paris. Oui, merci je me repose juste un peu.

Breogán alegrouse moito, sempre quixo coñecer París, as súas rúas, os seus monumentos, as súas costumes, e coñecer os rincóns máis pequenos desa gran cidade.

-       Queres que sigamos xuntos a viaxe? Así será máis divertido o traxecto ata chegar a Santiago de Compostela

-       Oh! Oui, me encantaría.

Pasadas unhas horas, Antoine preguntoulle a Breogán que sería o que comerían, polo que este lle contestou:

-       Comeremos pulpo a feira con cachelos, tortilla de patata e uns pementos, pero non uns pementos calquera. Temos que ter coidado, os pementos de padrón uns pican e outros non. Tes que elixir ben, porque en canto un che pique, todos che picarán.

A Antoine encantoulle todo, ata o pulpo que non lle convencían os tentáculos, e tuvo moita sorte cos pementos, pois non lle picou ningún.

Ademáis, visitaron a casa de Rosalía de Castro, a poetisa galega máis importante. Un dos moitos lugares nos que vivíu foi Padrón, aínda que a casa xa non é unha vivenda senón un museo que se pode visitar.

Despois de pasar a noite en padrón, Breogán e Antoine puxéronse en marcha para seguir o camiño, pero antes decidieron parar a almorzar e coller forzas.

Breogán preguntoulle a Antonie:

-       Qué almorzades por París?

-       Pois almorzamos croissants e crepés doces.

-       Probeinos algunha vez, pero seguro que como os de alí no. Aquí comemos algo similar, chamánse filloas, añadimoslle azúcar ou mel. Aver si tes oportunidade de probalas. Pódesme decir cal é a receta dun bo crépe?

Despois de varias horas de traxecto cansados de camiñar, derónse conta de que estaban a escasos minutos de entrar na capital galega.

Ao entrar en Santiago emocionados, dirixíronse cara a catedral, o momento máis esperado do camiño.

Ao chegar, Antoine quedouse boquiaberto, é como un soño cumprido, e o primero que fai é abrazar a Breogán.

Choraron de emoción e disfrutaron do momento xuntos. Pasado un rato Breogán proponlle a Antoine visitar a Catedral.

Rematado xa o camiño, deciden aproveitar as últimas horas que lles quedaban xuntos, polo que se propoñen coñecer Santiago, disfrutar e aprender un do otro, e colorín colorado  este conto está rematado.

 

ACTIVIDADE.Visita polo Mapa

Nesta actividade segundo avanza cada etapa do conto, mostramos os pobos polos que pasa o noso peregrino mediante un mapa de Portugal e Galicia debuxado. En dito mapa, contaremos con un boneco, que o moveremos a medida que chegamos a un novo destino. 


Actividade con selos

Esta actividade realizarase de forma común. Consistirá en que os nenos e nenas vaian pegando os selos de cada lugar ou albergue onde estivo o noso peregrino Breogán, no libro común “ Credencial del peregrino” co cal contará cada neno.



ACTIVIDADE: Somos Cociñeiros”.

Nesta actividade entre todos e todas realizaremos a receita dunha crêpre. Os alumnos e alumnas terán que desempeñar a súa propia. A mestra proporcionaralles unha ficha na cal o alumnado escribirá os ingredientes necesarios para realizar unha crêpe. Para facilitarlle a lectoescritura, a docente proporcionaralle unhas tarxetas onde atoparán unha foto de cada un dos ingredientes ca palabra escrita na lingua que estamos a traballar, o francés. Unha vez o teñan escrito, realizarán o debuxo dunha crêpe. Tras finalizar toda a actividade probarán unha crêpe de verdade que nos mesmas levaremos.

ACTIVIDADE : “Montamos a catedral”

Os alumnos e alumnas dividiránse en catro grupos tendo en conta o alumnado que haxa na aula. Cada grupo contará con unha imaxe real de Santiago de Compostela, e varias pezas de puzzle para montar esa imaxe.


Actividade: Adiviña adiviñanza”.

Trátase dun pequeno libriño de oito adiviñas e un poema. Nesta actividade a mestra será a encargada de ir lendo as adiviñanzas unha por unha. Os nenos e nenas deberán  permanecer atentos a todos os enunciados das adiviñanzas para saber cal é a resposta correcta. O finalizar a ronda destas, a mestra rematara coa lectura do poema de Rosalía. No caso de que haxa dificultades para resolver as adiviñanzas, mostraráselle un debuxo ou unha fotografía das mesmas, deste xeito a súa realización será moito máis doada.

Actividade debuxo dos protagonistas: ”Debuxamos aos protagonistas”.

Nesta actividade a través da súa imaxinación, realizaran o debuxo de Breogán, o personaxe principal, xunto aos amigos que foi coñecendo ao longo de todo o conto.

Será realizada de forma individual para que cada un poda expresarse da mellor maneira posible.









Comentarios

Publicacións populares deste blog

4 anos. Sesión 1. Autores: Alejandro Trigo Durán e Álvaro Sánchez Fernández

En primero lugar realizamos as presentacións correspondentes e descubriremos cque saben sobre o Camiño de Santiago.  O seguinte paso consistirá en amosarlles un mapa físico creado por todos os integrantes do grupo de 4 anos. Ensinaralle ós nenos o percorrido que faremos, comezando en O Porto, e finalizando en Santiago de Compostela. Terá incoporado unha cinta en cada etapa para así mostrarlles en que etapa nos atopamos. Máis adiante introduciremos un novo obxeto na aula, un colar dunha cuncha, característico do camiño. Actividade 2: Comidas típicas dos lugares (Galicia, Portugal e Italia)   Para esta actividade empregamos 9 cartas, 3 por cada lugar de procedencia da comida, aínda que non empezaríamos con todas, xa que que a dificultade sería gradual. Estas serían:   -        Galicia: polvo, empanada e tarta de Santiago -        Portugal: bacalhau, caldo verde e pastel de nata -      ...

4 anos.Sesión 2. Álvarez Mosquera, Silvia; Martínez Bernárdez, Andrea; Novo Cuñarro, Patricia e Santos Souto, Jennifer

Na proposta, preséntanse diferentes actividades para ser desenvolvidas en diferentes linguas, galego, portugués e Lingua de Signos Española (LSE) incentivando así a reflexión sobre a diversidade lingüística, facilitando a integración dun xeito positivo en diferentes formas de pensar, de vivir e de falar. A aprendizaxe da LSE dende a primeira infancia, e incluída para todo o alumnado, facilita así a inclusión do alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo ou con diversidade funcional auditiva, pois terán a oportunidade de comunicarse co resto de compañeiros/as e co profesorado de maneira espontánea. Supón tamén un proceso de enriquecemento onde se consolidan aspectos como a expresión corporal, a atención ou a memoria visual. Incorporaranse recursos como son, por exemplo, as onomatopeias en dous idiomas diferentes, xa que posúen certa relación co son ao que fan referencia, sen embargo, non todas as linguas teñen a mesma onomatopeia. Isto provocará unha interrogante no coñec...

3 anos. Sesións 3 e 4. Autoras: Julia Lado ; Andrea Loureiro e Daniel Teijido. Lucía Martínez, Sheila Otero e Laura Piñeiro

A gran aventura de Tedi Conto (autoría propia):  Descargar o audio do conto .  ​ O eixo central da sesión é o conto de Tedi, un osiño que vai de viaxe polo mediterráneo. Este lerase na aula ao alumnado para introducilo no mundo da dieta mediterránea e así poder dar pé ao inicio das activades, que están relacionadas coa historia narrada.  . SESIÓN 4 TEDI CONTINÚA A SÚA GRAN AVENTURA Ola amigos en amigas! Nesta entrada vamos a propoñervos tres divertidas e enriquecedoras actividades onde poderedes viaxar a Cataluña, Barcelona e Italia coñecendo tres novos idiomas: O francés, o italiano e o catalán. Por outra parte, tamén aprenderemos qué alimentos da dieta mediterránea proveñen destas comunidades ou países. Ademais, temos unha sorpresa e é que vamos gozar da compañía dun osiño chamado Tedi que nos vai acompañar nesta aventura. Esperamos que o pasedes moi ben pero que ademáis aprendades moitas cousas!   Actividade 1   Na primeira actividade que vos propoñemos...