Saltar ao contido principal

5 anos, sesión 2. Autoras: Padín Baúlo, Mariña Romero Martínez, Jennifer Sorribas Blanco, Alba

Etapa 2: Barcelos-Tui

Breogán atópase na segunda etapa do seu Camiño de Santiago, na cal terá que viaxar dende Barcelos, cidade na que rematou a sesión anterior, ata Tui. 

O desenvolvemento da sesión dividirase en 4 actividades, que nos servirán de enlace coa sesión anterior. O fío conductor será, en todo momento, o conto do Camiño de Santiago e apoiarémonos neste para proceder tamén ó transcurso das propostas lúdicas. 

A continuación, deixamos unha explicación detallada de como funcionará a sesión. Así mesmo debemos ter en conta que, na aula, contaríamos coa axuda dun Power Point no que nos apoiaríamos para ensinarlles diferentes imaxes aos nenos e nenas e facilitar a adquisición do novo vocabulario. 

1ª  Actividade: Continuamos o camiño

Comezaremos a sesión volvendo ó mapa que deixaron na aula as nosas compañeiras a semana anterior. Pedirémoslle ós nenos e nenas que nos recorden onde rematara o noso peregrino Breogán a etapa 1 e, así, explicarémoslle que aí é onde comezaremos a etapa 2 que nos levará ata Tui.



A continuación, comezaremos a lectura do 2º capítulo do conto (Amizades luso-inglesas), que tamén empezaron e deixaron na aula as peregrinas anteriores.

as peregrinas anteriores.

Nota: deberemos ter en conta que a lectura do conto será progresiva á realización das diferentes actividades.

Breogán abreu os ollos co ruido dos seus compañeiros e compañeiras de habitación de albergue. Estaba acostumado á súa cama e non descansara nada ben naquela liteira. Recolleu toda a súa roupa, meteu todos os seus enseres na mochila e baixou a almorzar. 

As mesas da cafetería estaban todas ocupadas e, alá ó lonxe, nunha esquina, viu unha mesa ocupada por unha moza e unha cadeira libre. Non levaba moi ben o de relacionarse con descoñecidas, pero estaba morto de fame. Achegouse e preguntou se estaba libre o sitio. A moza fixo un xesto coa cabeza e convidouno a sentarse. Breogán non tardou moito en decatarse de que a moza non falaba a súa lingua e decidiu comezar unha conversación con un saúdo en inglés: 

-       Good morning? Do you speak english?

-       Yes, I’m from London. 

-       Oh, nice to meet you. My name is Breogán and I’m from Santiago de Compostela. What is your name?

-       Nice to meet you too. My name is Kristin. 

Logo de tomar cada un o seu almorzo e unha boa conversación, decidiron seguir o camiño xuntos. Porén, Breogán decatouse de que Kristin levaba consigo unha cuncha. Ao que lle preguntou:

-       Que é iso que levas colgando do pescozo?

-       This is the pilgrim’s shell! Don’t you have yours?

-       Non, eu non sabía que un verdadeiro peregrino tiña que levar unha.

2º Actividade: Facemos a  cuncha de Breogán 

Interrumpiremos a lectura para dar comezo á actividade 2. Preguntarémoslle ós nenos e nenas se saben o que é unha cuncha de peregrino e cal é a súa finalidade; ante a súa resposta, plantexarémoslle a posibilidade de facer unha para cada un. Deseguido, mostrarémoslles unha imaxe dunha cuncha peregrina, así como a ubicación das mesmas ao longo do Camiño de Santiago; tamén aprenderemos a dicir a palabra “CUNCHA” en portugués e en inglés.

 A continuación, iremóslles explicando paso a paso como realizala.


1.    Repartirémoslle a cada neno/a unha lámina de goma eva, un lápis e unha plantilla da cuncha do Camiño de Santiago

  1. Cada neno/a terá que perfilar a silueta da súa cuncha na goma eva. 
  2. De seguido, deberán debuxar e pintar a cruz vermella cos rotuladores, símbolo do camiño. 
  3. A continuación picarán, con punzón, ou recortarán, coas tesoiras, as cunchas.
  4. Facerlle os furados ó punzón coa cuncha. 
  5. Para finalizar, facilitarémoslle a cada alumno/a un anaco de cordel, que deberán introducir polos furados que fixeramos no paso anterior. 

 

Rematada esta actividade, continuamos coa lectura do conto:

Unha vez que Kristin axudou a Breogán a conseguir a súa cuncha, ela pideulle axuda para conseguir un recordo do lugar no que se atopaban. Nese intre atoparonse con Joao, un anciá portugués moi sabio. Decidiron preguntarlle pola historia da vila e Joao comezou a contarlle a lenda do Galo de Barcelos:

-       É por isso, o galo é um emblema característico de Barcelos, que todas as pessoas carregam com eles. 

Kristin emocionada dixo:

-       I am agree with you. So, I will buy a Barcelos rooster.

-       Moi ben, entón busquemos unha tenda onde poder conseguilo; e así xa poderemos seguir co camiño.

3º Actividade: Decoramos o galo de Barcelos

Para esta terceira actividade irrumpiremos de novo o conto, preguntándolle aos cativos e cativas se coñecen a forma do Galo de Barcelos. Para axudarnos, utilizaremos o imaxes do Galo, e tamén aprenderemos a dicir “GALO” en portugués e en inglés. Unha vez que teñan claro como é este obxecto emblemático de Barcelos; damos pase á actividade:

  1. Faremos grupos de aproximadamente 5 nenos e nenas.
  2. Presentámoslle a cada grupo un debuxo do galo nun papel DIN A3, sendo estes de gran tamaño.
  3. Porcionararémoslles ceras brandas de moitas cores coas que poidan colorear o galo.

       Para finalizar, intentaremos buscar un sitio adecuado na aula para poder deixar colgado o mural de cada grupo. 

 De seguido, remataremos a lectura do conto.

 ...

Unha vez que estaban preparados, coa cuncha e co recordo do galo, continuaron o seu camiño ata chegar a Tui. Tui é unha aldea que se sitúa entre Galicia e Portugal, sendo a fronteira entre ambos territorios. Porén, para poder cambiar de país, tiveron que cruzar o Río Miño. 

De alí a un anaco, mentres visitaban a cidade, Kristin díxolle a Breogán que ela quedaría alí toda a tarde. Breogán, pola contra, decidiu proseguir o camiño sen demorar máis o tempo. 

4º actividade: Chegada a Tui!

Rematada a lectura do conto, faremos unha pequena asemblea ondes aos cativos e cativas visualizarán diferentes imaxes significativas como as bandeiras ou Río Miño. Isto débese a que acabamos o relato na cidade de Tui, un lugar moi importante porque é a fronteira entre Portugal e Galicia. 

Para finalizar a sesión, cada neno/a cubrirá a súa credencial de peregrino (que xa terán na aula da semana anterior) co selo particular da nosa etapa e despedirémonos de Breogán ata a semana que ven. 

Credencial de peregrino de cada neno/a



 

 


Comentarios

Publicacións populares deste blog

4 anos. Sesión 1. Autores: Alejandro Trigo Durán e Álvaro Sánchez Fernández

En primero lugar realizamos as presentacións correspondentes e descubriremos cque saben sobre o Camiño de Santiago.  O seguinte paso consistirá en amosarlles un mapa físico creado por todos os integrantes do grupo de 4 anos. Ensinaralle ós nenos o percorrido que faremos, comezando en O Porto, e finalizando en Santiago de Compostela. Terá incoporado unha cinta en cada etapa para así mostrarlles en que etapa nos atopamos. Máis adiante introduciremos un novo obxeto na aula, un colar dunha cuncha, característico do camiño. Actividade 2: Comidas típicas dos lugares (Galicia, Portugal e Italia)   Para esta actividade empregamos 9 cartas, 3 por cada lugar de procedencia da comida, aínda que non empezaríamos con todas, xa que que a dificultade sería gradual. Estas serían:   -        Galicia: polvo, empanada e tarta de Santiago -        Portugal: bacalhau, caldo verde e pastel de nata -      ...

4 anos.Sesión 2. Álvarez Mosquera, Silvia; Martínez Bernárdez, Andrea; Novo Cuñarro, Patricia e Santos Souto, Jennifer

Na proposta, preséntanse diferentes actividades para ser desenvolvidas en diferentes linguas, galego, portugués e Lingua de Signos Española (LSE) incentivando así a reflexión sobre a diversidade lingüística, facilitando a integración dun xeito positivo en diferentes formas de pensar, de vivir e de falar. A aprendizaxe da LSE dende a primeira infancia, e incluída para todo o alumnado, facilita así a inclusión do alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo ou con diversidade funcional auditiva, pois terán a oportunidade de comunicarse co resto de compañeiros/as e co profesorado de maneira espontánea. Supón tamén un proceso de enriquecemento onde se consolidan aspectos como a expresión corporal, a atención ou a memoria visual. Incorporaranse recursos como son, por exemplo, as onomatopeias en dous idiomas diferentes, xa que posúen certa relación co son ao que fan referencia, sen embargo, non todas as linguas teñen a mesma onomatopeia. Isto provocará unha interrogante no coñec...

3 anos. Sesións 3 e 4. Autoras: Julia Lado ; Andrea Loureiro e Daniel Teijido. Lucía Martínez, Sheila Otero e Laura Piñeiro

A gran aventura de Tedi Conto (autoría propia):  Descargar o audio do conto .  ​ O eixo central da sesión é o conto de Tedi, un osiño que vai de viaxe polo mediterráneo. Este lerase na aula ao alumnado para introducilo no mundo da dieta mediterránea e así poder dar pé ao inicio das activades, que están relacionadas coa historia narrada.  . SESIÓN 4 TEDI CONTINÚA A SÚA GRAN AVENTURA Ola amigos en amigas! Nesta entrada vamos a propoñervos tres divertidas e enriquecedoras actividades onde poderedes viaxar a Cataluña, Barcelona e Italia coñecendo tres novos idiomas: O francés, o italiano e o catalán. Por outra parte, tamén aprenderemos qué alimentos da dieta mediterránea proveñen destas comunidades ou países. Ademais, temos unha sorpresa e é que vamos gozar da compañía dun osiño chamado Tedi que nos vai acompañar nesta aventura. Esperamos que o pasedes moi ben pero que ademáis aprendades moitas cousas!   Actividade 1   Na primeira actividade que vos propoñemos...