Saltar ao contido principal

5 anos. Materiais para compartir nas sesións 1, 2 e 3. Sesión 1. Autoras: Verónica Ramas Rey, Verónica Regueiro Docampo, Marta Rodríguez Sanjurjo


  

A figura do peregrino irase movendo de etapa a medida que se realizan as actividades de cada unha delas. 



 Este será o documento no que se irán pegando os selos de cada etapa. É un documento imprescindible para os peregrinos xa que certificará a realización do camiño.

Credencial do peregrino


COMPOSTELANA

             Este será o diploma final que se entregará ao alumnado conforme realizaron todas as etapas do camiño. Deberá cubrirse cos datos pertinentes de cada neno e nena. 

CONTO: AMIZADE ENTRE LINGUAS

Este conto irase lendo ao igual que o camiño, por etapas. En cada etapa leremos o anaco de conto correspondente, o cal se deberá ir engandindo ao anterior para ao rematar, formar un único conto. 

A pesar de que Amizade entre linguas é un único conto, as compoñentes de cada etapa, crearon e redactaron a historia adaptándoa ás necesidades das súas actividades; sempre tendo en conta o que pasara na etapa anterior co protagonista do conto.

ETAPA 1. LINGUAS NO CAMIÑO

Este é o noso amigo Breogán que decidiu comezar unha nova aventura, o Camiño de Santiago. Pero Breogán estaba un pouco preocupado xa que desta vez a maleta ía a ser diferente á que solía levar nas súas viaxes, neste caso so tería unha mochila con el.

Pero, que debería levar Breogán nesa mochila? Como era a primeira vez que el se aventuraba nesta andaina, decidiu pedirlle axuda á súa irmá, que xa fixera o Camiño varias veces. Para explicarlle as cousas que debía levar, comezou a facer xestos coas mans e coa cara; xa que ela se comunicaba mediante a lingua de signos.

Unha vez que o noso amigo ten preparada a mochila xa está listo para poñer en marcha o seu camiño. Pero, onde o ía comezar? Pensando e pensando, decidiu trasladarse ao noso país veciño. Adiviñádelo? Unha pista: alí podemos comer un rico bacallau, comprar polas súas grandes feiras, e inclusor traer un bonita figuriña dun galo de moitas cores. Sabedes onde é? O lugar onde Breogán comezará o seu camiño será en Portugal, concretamente nunha cidade chamada Porto.

Pasiño e pasiño, comezou o seu camiño e pouco a pouco foise atopando con moita xente que ao igual que el, facía esta mesma viaxe. Como o amigo portugués que levaba unha roupa diferente á súa e que tamén falaba nunha lingua distinta, pero isto non foi impedimento para que se puidesen entender entre eles.

Ao rematar esta primeira etapa, o noso amigo comezou a recordar todos os fermosos lugares que foi atopando ata que pouco a pouco foi adormecendo e descansando para o día seguinte.


ETAPA 2: AMIZADES LUSO-INGLESAS

Breogán abríu os ollos co ruido dos seus compañeiros e compañeiras de habitación de albergue. Estaba acostumado á súa cama e non descansara nada ben naquela liteira. Recolleu toda a súa roupa, meteu todos os seus enseres na mochila e baixou a almorzar.

As mesas da cafetería estaban todas ocupadas e, alá ó lonxe, nunha esquina, viu unha mesa ocupada por unha moza e unha cadeira libre. Non levaba moi ben o de relacionarse con descoñecidas, pero estaba morto de fame. Achegouse e preguntou se estaba libre o sitio. A moza fixo un xesto coa cabeza e convidouno a sentarse. Breogán non tardou moito en decatarse de que a moza non falaba a súa lingua e decidiu comezar unha conversación con un saúdo en inglés:

-       Good morning? Do you speak english?

-       Yes, I’m from London.

-       Oh, nice to meet you. My name is Breogán and I’m from Santiago de Compostela. What is your name?

-       Nice to meet you too. My name is Kristin.

Logo de tomar cada un o seu almorzo e unha boa conversación, decidiron seguir o camiño xuntos. Porén, Breogán decatouse de que Kristin levaba consigo unha cuncha. Ao que lle preguntou:

-       Que é iso que levas colgando do pescozo?

-       This is the pilgrim’s shell! Don’t you have yours?

-       Non, eu non sabía que un verdadeiro peregrino tiña que levar unha.

Unha vez que Kristin axudou a Breogán a conseguir a súa cuncha, ela pideulle axuda para conseguir un recordo do lugar no que se atopaban. Nese intre atoparonse con Joao, un anciá portugués moi sabio. Decidiron preguntarlle pola historia da vila e Joao comezou a contarlle a lenda do Galo de Barcelos:

-       É por isso, o galo é un emblema característico de Barcelos, que todas as pessoas carregam com eles.

     

Kristin emocionada dixo:

-       I am agree with you. So, I will buy a Barcelos rooster.

-       Moi ben, entón busquemos unha tenda onde poder conseguilo; e así xa poderemos seguir co camiño.

 Unha vez que estaban preparados, coa cuncha e co recordo do galo, continuaron o seu camiño ata chegar a Tui. Tui é unha aldea que se sitúa entre Galicia e Portugal, sendo a fronteira entre ambos territorios. Porén, para poder cambiar de país, tiveron que cruzar o Río Miño.


De alí a un anaco, mentres visitaban a cidade, Kristin díxolle a Breogán que ela quedaría alí toda a tarde. Breogán, pola contra, decidiu proseguir o camiño sen demorar máis o tempo.

ETAPA 3: ANDIAMO PER TE, GALIZIA!

Breogán continuou coa súa camiñata e chegou a unha ponte. Tras botar unha ollada ó seu redor, percatouse dun posto de Información; e decidiu ir a preguntar cal era esa ponte que estaba a ver e que tiña que cruzar para seguir co seu camiño. No posto de Información dixéronlle que estaba ante a Ponte Vella de Tui, a única ponte que separa Portugal da provincia de Pontevedra, e pola que pasan millóns e millóns de peregrinos.

Breogán, admirado pola beleza da ponte, non dubidou en sacarlle unha foto, e continuou co seu camiño. Con tan mala sorte, cando parou a descansar e a beber un pouco de auga, decatouse de que a foto da Ponte non estaba na súa mochila.

Breogán, todo contento tras atopar a foto da Ponte, continuou co seu camiño e chegou a unha cidade chamada Pontevedra. Pontevedra pareceulle unha cidade moi bonita e quixo pasar toda a tarde visitando os seus lugares emblemáticos, incluso aproveitou para comprar algo pra cear. Pero cando quixo continuar co seu camiño, sentiuse un tanto perdido. Empezou a camiñar e camiñar pero sempre voltaba ó mesmo punto.

 

 Grazas á nosa axuda, Breogán conseguiu saír de Pontevedra e chegar a Caldas de Reis. Pero estaba tan canso que decidiu ir directamente ó albergue a descansar un pouquiño. No albergue non había ninguén, estaba baleiro.

-       Qué raro! - pensou Breogán - Esperarei un anaquiño a que chegue alguén.

Pronto chegou outro peregrino que estaba a facer o Camiño de Santiago, o mesmo camiño ca el. Pero a Breogán chamoulle moito a atención a mochila dese peregrino, xa que non se semellaba para nada á del.

-       Boas tardes!, que mochila máis bonita! -díxolle Breogán.

-       Ciao, mi chiamo Luciano.

Breogán decatouse de que non falaba o mesmo idioma ca el, e preguntoulle:

-       De onde eres?

-       Sono italiano, vengo dall´Italia.

-       Un Italiano! -exclamou Breogán.- Podes amosarme que levas na mochila?

Entón, o seu novo amigo Luciano de Italia, ensinoulle a súa mochila, xa que era moi distinta á de Breogán.

Luciano e Breogán fixeron moi boas migas, e decidiron ir a cear xuntos. Pero, tras tanta leria, pronto se lles fixo de noite, e todo estaba pechado.

Breogán recordou que en Pontevedra, antes de perderse, comprou uns ingredientes para ter pra cear. Ensinoulle a Luciano o que mercara en Pontevedra e Luciano díxolle moi contento:

-       Con questi ingredienti possiamo realizzare una pizza, molto famosa in Italia.

-       Unha pizza? Claro, son moi famosas en Italia! Soa apetitoso! exclamou Breogán, pero non sei moi ben como se fai.

Luciano e Breogán cearon toda a pizza, pois estaba boísima. Pero Breogán estaba tan canso que decidiu ir durmir.

 

Ao día seguinte...

PASIÑO A PASIÑO FACEMOS O CAMIÑO. ETAPA 4

Breogán entristecido despediuse do seu amigo Luciano, e continuou só o camiño.

Polo camiño recordaba a toda a xente que coñecera ao longo do seu traxecto. Estaba ansioso por coñecer a máis persoas, ademáis da sua cultura, da sua comida… Non paraba de pensar en que lle depararía o futuro.

No traxecto cara Padrón, Breogán viu a alguén sentado ao lado dun sendeiro, e preguntoulle:

-       Cómo te encontras? Necesitas axuda? Por certo o meu nome é Breogán.

-       Bonjour, je m’apelle Antoine. Je viens de Paris. Oui, merci je me repose juste un peu.

Breogán alegrouse moito, sempre quixo coñecer París, as súas rúas, os seus monumentos, as súas costumes,... e incluso os recunchos máis pequenos desa gran cidade.

 -       Queres que sigamos xuntos a viaxe? Así será máis divertido o traxecto ata chegar a Santiago de Compostela.

-       Oh! Oui, perfecto, compañeiros de viaxe.

Pasadas unhas horas, Antoine preguntoulle a Breogán que sería o que comerían, polo que este lle contestou:

-       Comeremos pulpo a feira con cachelos, tortilla de patacas e uns pementos. Pero... non uns pementos calquera. Temos que ter coidado, porque os pementos de Padrón, uns pican e outros non! Tes que elixir ben, pois en canto un che pique, todos che picarán...

A Antoine encantoulle todo, ata o pulpo! Posto que ao principio non lle convencían os tentáculos… E tuvo moita sorte cos pementos, pois non lle picou ningún.

Ademais, visitaron a casa de Rosalía de Castro, a poetisa galega máis importante. Un dos moitos lugares nos que vivíu foi Padrón, aínda que a casa xa non é unha vivenda senón un museo que se pode visitar.

Despois de pasar a noite en Padrón, Breogán e Antoine puxéronse en marcha para seguir o camiño, pero antes decidiron parar para almorzar e coller forzas, polo que Breogán lel preguntou a Antonie:

Breogán preguntoulle a Antonie:

-       Qué almorzades por París?

-       Pois almorzamos croissants e crepes doces.

-       Probeinos algunha vez, pero seguro que como os de alí non. Aquí comemos algo similar, chámanse filloas, añadimoslle azucar ou mel. A ver se tes oportunidade de probalas. Pódesme decir cal é a receita dun bo crépe?

 Despois de varias horas de traxecto cansados de camiñar, derónse conta de que estaban a escasos minutos de entrar na capital galega.

Ao entrar en Santiago, emocionados, dirixíronse cara a catedral, o momento máis esperado do camiño!

Ao chegar, Antoine quedouse bocaberto, é como un soño cumprido, e o primero que fai é abrazar a Breogán.

Choraron da emoción e disfrutaron do momento xuntos. Pasado un rato Breogán proponlle a Antoine visitar a Catedral.

Autoras: Verónica Ramas Rey, Verónica Regueiro Docampo, Marta Rodríguez Sanjurjo; Jennifer Romero Martínez, Alba Sorribas Blanco, Mariña Padín Baúlo; Andrea Bravo González, Marta Pose Dans, María Teira Ventín; Patricia Ferreira Pérez, Maite de Santiago Rodríguez, Leticia Soto Santos e Alba Suárez Gesto.


5 anos, sesión 1

Autoras: Verónica Ramas Rey, Verónica Regueiro Docampo, Marta Rodríguez Sanjurjo

Etapa: 1ª Porto- Barcelos.

PRESENTACIÓN DA SESIÓN
Lectura do conto




A RUTA

Lemos o conto: Breogán

Actividade 1. Selección dos materias da nosa mochila de peregrinos/as. (Lingua de Signos Española)

Nesta actividade presentarémoslle unha serie de obxectos e materiais impresos e plastificados. Entre todos e todas empregando os seus coñecementos, deben decidir que elementos necesitamos á hora de realizar a nosa viaxe e cales non. Unha vez clasificados de xeito que dentro da nosa propia mochila de fieltro se atopen só os que imos empregar, procederemos a signalos, para que pouco a pouco poidan aprender esas palabras e sexan capaces de signalas connosco. Á vez que os signamos, diremos a palabra correspondente en lingua castelá. Non a diremos en galego, xa que a lingua de signos española vai en concordancia á lingua castelá; en lingua de signos galega os signos poden variar.






Unha vez que o noso amigo ten preparada a mochila xa está listo para poñer en marcha o seu camiño. Pero, onde o ía comezar? Pensando e pensando, decidiu trasladarse ao noso país veciño. Adiviñádelo? Unha pista: alí podemos comer un rico bacallau, comprar polas súas grandes feiras, e incluso traer un bonita figuriña dun galo de moitas cores. Sabedes onde é? O lugar onde Breogán comezará o seu camiño será en Portugal, concretamente nunha cidade chamada Porto.

Pasiño e pasiño, comezou o seu camiño e pouco a pouco  foise atopando con moita xente que ao igual que el, facían esta mesma viaxe. Como o amigo portugués que levaba unha roupa diferente á súa e que tamén falaba nunha lingua distinta, pero isto non foi impedimento para que se puidesen entender entre eles.

Actividade 2. Roupa de peregrino en portugués.

Nesta actividade, presentaremos a imaxe da peregrina vestida con roupa antiga. A continuación, quitarémoslle a roupa antiga, e iremos pouco a pouco vestíndoa de novo,pero neste caso, con roupa máis actual. Ao mesmo tempo que vestimos á rapaza, iremos dicindo o nome de cada prenda da roupa en portugués.



Ao rematar esta primeira etapa, o noso amigo comezou a recordar todos os fermosos lugares que foi atopando ata que pouco a pouco foi adormecendo e descansando para o día seguinte.


 


Comentarios

Publicacións populares deste blog

4 anos. Sesión 1. Autores: Alejandro Trigo Durán e Álvaro Sánchez Fernández

En primero lugar realizamos as presentacións correspondentes e descubriremos cque saben sobre o Camiño de Santiago.  O seguinte paso consistirá en amosarlles un mapa físico creado por todos os integrantes do grupo de 4 anos. Ensinaralle ós nenos o percorrido que faremos, comezando en O Porto, e finalizando en Santiago de Compostela. Terá incoporado unha cinta en cada etapa para así mostrarlles en que etapa nos atopamos. Máis adiante introduciremos un novo obxeto na aula, un colar dunha cuncha, característico do camiño. Actividade 2: Comidas típicas dos lugares (Galicia, Portugal e Italia)   Para esta actividade empregamos 9 cartas, 3 por cada lugar de procedencia da comida, aínda que non empezaríamos con todas, xa que que a dificultade sería gradual. Estas serían:   -        Galicia: polvo, empanada e tarta de Santiago -        Portugal: bacalhau, caldo verde e pastel de nata -        Italia: Pizza, espagueti e gelato   Actividade 3: Mural con comidas   Nun mural con tres cores diferen

DIETA ATLÁNTICA-DIETA MEDITERRÁNEA. 3 anos. Sesión 1: Gómez Fuentes, Lucía; Gómez Iglesias, Inés; Sampedro Pérez, Jessica

Esta é unha actividade dirixida aos nenos/as do 4º curso de Educación Infantil, é dicir, nenos/as entre 3 e 4 anos, sendo ademais a primeira sesión. Ten unha duración aproximada de 45 minutos e constará de dúas partes.  As linguas que vamos a empregar son, de forma oral en castelán e galego; mentres que de forma escrita o euskera, castelán e árabe. Elaboramos unha boneca (Xoana), que utilizaremos como fío condutor no desenvolvemento de toda a actividade. En primeiro lugar faremos unha pequena asemblea conxunta, na cal falaremos, en xeral, da comida e dos alimentos. Así como, tamén, da importancia da dieta e dos tipos de dieta que hai. Despois, comezaremos abordando a dieta atlántica, que é na que nos vamos a centrar en profundidade. Ao finalizar a asemblea, Xoana vailles ensinar aos nenos/as a cesta chea de alimentos que trouxo do mercado. A continuación, todos os nenos/as deberán ir identificando cada alimento e, situándoos no lugar do mapa que lle corresponde a cada un deles, dep

3 anos. Sesión 2: Yolanda Arufe Suárez, Sara Freire Tomé, Elena Peillet Pais

Póster da sesión Primeira parte Nun primeiro momento e ao chegar a aula, despois das presentacións sentámosnos todos xuntos en asamblea. Comezamos recollendo todo o que fixeron as nosas compañeiras nasesión anterior respecto á dieta atlántica para refrescarlle aos nenos/as o contido e que vexan desta forma a continuidade entre as diferentes sesións e actividades. Tras isto, ensinaríamoslles o libro realizado, presentando a nosa mascota, o cociñeiro Roi, que utilizaremos como punto de partida para que os infantes tamén se presenten en asamblea. Xunto con isto, explicaríamoslles que este cociñeiro coñece varias linguas que trataría de amosarlles para que tamén as coñezan. A presenza do galego e castelán debése a que son as linguas que el usa no seu día a día; o éuscaro é porque estivo traballando no País Vasco durante moitos anos onde aprendeu moitas máis receitas da dieta atlántica; e, por último, o braille, xa que ten un compañeiro na cociña que é cego polo que tivo que facer este libr