5 anos. Materiais para compartir nas sesións 1, 2 e 3. Sesión 1. Autoras: Verónica Ramas Rey, Verónica Regueiro Docampo, Marta Rodríguez Sanjurjo
A figura do peregrino irase movendo de etapa a medida que se realizan as actividades de cada unha delas. Este será o documento no que se irán pegando os selos de cada etapa. É un documento imprescindible para os peregrinos xa que certificará a realización do camiño. Credencial do peregrino COMPOSTELANA Este será o diploma final que se entregará ao alumnado conforme realizaron todas as etapas do camiño. Deberá cubrirse cos datos pertinentes de cada neno e nena. CONTO: AMIZADE ENTRE LINGUAS Este conto irase lendo ao igual que o camiño, por etapas. En cada etapa leremos o anaco de conto correspondente, o cal se deberá ir engandindo ao anterior para ao rematar, formar un único conto. A pesar de que Amizade entre linguas é un único conto, as compoñentes de cada etapa, crearon e redactaron a historia adaptándoa ás necesidades das súas actividades; sempre tendo en conta o que pasara ...